Os técnicos que acometerán varias obras en Burela visitaron as zonas

LugoXa | AMariñaXa
Pasaron por Burela os técnicos das empresas que acometerán as obras nas rúas Rosalía de Castro e do Hórreo.
84606445_191731142207751_2306446069866692608_o
15 Nov 2019

Pasaron por Burela os técnicos das empresas que acometerán as obras nas rúas Rosalía de Castro e do Hórreo. Xunto a eles estiveron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro Ramiro Fernández. O rexedor recordou que estes traballos están previstos desde hai bastante tempo. 

Llano contou que “recibimos a visita dos técnicos de dúas obras que xa están en marcha, que xa estaban anunciadas fai moito tempo, como son as da rúa Rosalía de Castro, que vai ser unha humanización dese vieiro, e tamén da rúa do Hórreo, que é un miradoiro extraordinario para contemplar o porto de Burela”.

O alcalde de Burela explicou que “tivemos o contacto cos técnicos basicamente para mirar como xestionar a obra, cales son as particularidades e as dificultades, e desde logo tratar de conxugalas cos nosos técnicos, de tal maneira que se poidan aplicar da mellor forma posible e molestar o menos posible”. 

O rexedor subliñou que “foi o que estivemos observando, tanto nunha obra como da outra, de poder facelas e revisalas sen molestar e ao mesmo tempo que queden ben e sexan útiles, agradables e bonitas para o conxunto dos veciños de Burela”. 

0.18216705322266