Teatro nos Xoves na Biblio das Pontes

AMariñaXa
Esta semana volven as actividades do Xoves na Biblio nas Pontes e que consisten en actividades de fomento da lectura da Biblioteca municipal.
o cocineiro anton e a pasteleira tomasa teatro portada
12 Out 2022

Esta semana continúan as actividades do Xoves na Biblio no concello das Pontes e que consisten en actividades de fomento da lectura organizadas pola Biblioteca municipal.

Este día 13 Teatro Calavera presenta O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa. Terá lugar, ás 18.00 horas na Casa Dopeso.

Unha historia de amor une ao cociñeiro Antón coa pasteleira Tomasa. Cando Antón probou as mazás asadas cubertas de caramelo que fai Tomasa de tanta emoción sufriu un mareo. Berrou, saltou e finalizou no chan, retorto e petrificado.

Trátase dunha actividade gratuíta que precisa inscrición previa no 981 102 562.

o cocineiro anton e a pasteleira tomasa teatro
0.085789918899536