Teatro, música e cine para o Outono Cultural de Foz

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz presenta a Primavera Cultural. Este programa de actividades que se vai desenvolver ata finais de maio
programacion cultural outono 2023 Foz
15 sep 2023

O Concello de Foz presentou a súa programación cultural para os meses de setembro, outubro e novembro. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “este outono chega cargado de novidades teatrais, musicais e de cine”.

A edil de Cultura explica que “a primeira novidade son as sesións de cine, que se ofrecerán todos os venres de setembro, con películas galegas premiadas nos Goya. Serán na Casa da Cultura ás 20.30 horas. A pesares de que Foz carece de cine, queremos que continúe tendo ese servizo, xa que en Galicia contamos cun cine da mellor das calidades”.

Inés López Couto engade que “outubro comeza con Entroido, xa que o día 14 realizarase na Sala Bahía o acto de elección da raíña ou rei desta festa, que por fin conseguiu que se recoñecera que é espectacular e que atrae a moitos visitantes co seu colorido e alegría. Para seguir co Ciclo Mestre Mateo, que se realiza grazas a colaboración da Area de Cultura e Vicepresidencia da Deputación de Lugo”.

A concelleira de Cultura destaca tamén que “como novidade, este ano a danza vai a ser protagonista do outono. Quixemos apostar por algo diferente e menos coñecido. A danza comezou a mostrarse en Foz co festival Abanea, que se levou a cabo o 26 de xullo con moi boa acollida e que vai a continuar deleitándonos este outono. O venres 3 de novembro teremos a un veciño de Foz, Iago Alonso, coa súa compañía Lad Dance Company e o espectáculo Qualia, e o venres 10 de novembro  será Marta Alonso Tejada a que nos traia Bailar agora. Esperemos que a xente se anime a vivir algo novo con estes espectáculos. Outro dos atractivos é o sempre esperado Concerto de Sta Ícia da Banda de Música de Foz, que este ano co gallo do seu trinta aniversario ten pensado deleitarnos cunha actuación moi especial que agardamos con moita intriga e ilusión”.

Para rematar Inés López comenta que “sendo Foz o concello galego con maior programación cultural na Rede de Teatros e Auditorios Galega no segundo semestre deste ano, queremos seguir insistindo en que necesitamos un auditorio, para mellorar a nosa aposta pola cultura, chegando a espectáculos aos que agora non podemos aspirar. Apostamos polo investimento nunha cultura para tod@s”.

programacion cultural outono 2023 Foz 1
0.078507900238037