Teatro, maxia, gastronomía, música e cine no outono de Lourenzá

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A programación cultural de outono organizada polo Concello inclúe teatro, maxia, gastronomía, música, cine e moitas más actividades.
Captura de pantalla 2019 10 01 a las 17.40.37
4 sep 2019

A programación cultural de outono organizada polo Concello inclúe teatro, maxia, gastronomía, música, cine e moitas más actividades. Anunciouno hoxe o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.

Empezará coa exposición Camiño por mar, que poderá visitarse do 4 ao 6 de setembro de 17.00 a 20:00 horas.

O venres 13 de setembro ás 18:00 horas terá lugar a actividade Unha arte delicada: a papiroflexia, a cargo de Miguel Cortés. O venres día 20 ás 18:00 horas Olga Brañas ofrecerá Cinema e música con Buster Keaton. Ao día seguinte, sábado 21, ás 20:00 horas Hipócrita Teatro, de Lugo, representará a obra Hotel Desencanto. E o venres 27 ás 18:00 horas haberá a actividade 4.500 anos da incrible historia da maxia, co Mago Teto.

En outubro o xoves día 3 Manoele de Felisa ofrecerá Canto para a igualdade. Do 4 ao 6 celebraranse as actividades da XXIX Festa da Faba. O venres 11 ás 18:00 horas haberá a actividade A maxia está nos libros, co Mago Deimi. O mércores  día 16 Teatro Calavera representará 'Antón e Tomasa na casa encantada' e o mércores 23 A Xanela do Maxín ofrecerá Ula Lúa?.

E no mes de novembro os sábados e domingos terán lugar as representacións do III Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá.

 

0.1798849105835