Teatro de humor este domingo en Alfoz
AMariñaXa
O grupo Lume Escénico representa Cousas de bares o próximo domingo 27 de marzo ás 20:00 horas o Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.
23 Mar 2022
O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa Cousas de bares. Poderase desfrutar deste obra o próximo domingo 27 de marzo ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.
A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal!