Tarabela Creativa leva ao Valadouro o seu Sentido Común
AMariñaXa
Representación de Sentido Común con Tarabela Creativa integrado por Ángeles Goás, Dani Blanco e Carmen Conde.
15 May 2021
Ángeles Goás, Dani Blanco e Carmen Conde xúntanse nun espectáculo de narración oral cunha selección variada de historias baixo o título Sentido Común.
Nesta obra a risa dá para moito e durante a sesión, escoitaranse contos de xente común e corrente, mostrando que todas teñen que contar, e tamén contos nos que se aplica ou nos que falta o menos común dos sentidos.
Este espectáculo é para público adulto e chega da man de Tarabela Creativa. Será o día 17 de maio na Casa da Cultura do Valadouro ás 19.00 horas.