Tapea con mamá chega a Ribadeo esta fin de semana

AMariñaXa
Tapea con mamá é a nova campaña gastronómica de Ribadeo para os días 1 e 2 de maio. A cita, na que participan 17 establecementos.
tapas comida
26 Apr 2021

Tapea con mamá é a nova campaña gastronómica que pon en marcha Acisa Ribadeo os días 1 e 2 de maio. A cita, na que participan 17 establecementos asociados, ven completar a programación da asociación para a súa campaña do dia da nai. 

Dende o próximo mércores haberá nos 17 establecementos dípticos para levar para a casa con todas as tapas que se van poder saborear esta fin de semana. Na web de Acisa e nas redes sociais, especialmente no facebook de AcisaRibadeo e no Instagram, tamén se poderán encontrar.

Todos os establecementos fixaron cada un deles o horario para servir as tapas, tanto a mediodía como pola tarde/noite, por iso é importante consultar as redes ou os dípticos para saber en que horario se servirán en cada negocio. As tapas terán un prezo de 2 euros en todos os locais e serviranse tanto o sábado coma o domingo.

Os establecementos participantes en Tapea con mamá son: Bar Galicia, Delicates, Estopa, Galipizza, Goiás, La Botellería, La Bugalla, La Lira, La Solana, Mareta, Náutico, O Alén, O Indiano, Queimada, Marinero, El Rincón del Gordo e Rosalar.

0.16017007827759