Suspendidas as procesións da Semana Santa de Mondoñedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo informa de que a Fraternidade Local da Orde Franciscana Seglar de Mondoñedo comunica a suspensión de todas as procesións de Semana Santa en Mondoñedo, como consecuencia do estado de alarma decretado a causa da crise sanitaria xerada polo coronavirus (COVID-19).
hdr
18 Mar 2020

O Concello de Mondoñedo informa de que a Fraternidade Local da Orde Franciscana Seglar de Mondoñedo comunica a suspensión de todas as procesións de Semana Santa en Mondoñedo, como consecuencia do estado de alarma decretado a causa da crise sanitaria xerada polo coronavirus (COVID-19). O comunicado da Fraternidade vén a sumarse ao xa feito público pola diocese de Mondoñedo-Ferrol no mesmo sentido.

O presidente da Fratenidade, Valentín Ínsua Palacios, explicou que é a primeira vez que se suspenden a saída de todas as procesións na historia recente de Mondoñedo. Recordou que a Semana Santa mindoniense está declarada de Interese Turístico. Nesta ocasión o pregón da debía correr a cargo de Francisco Cal Pardo. Estaba previsto que a figura da Virxe estreara manto na procesión do Xoves Santo. Na do Ecce Homo debían estrearse novos estandartes, obra das concepcionistas mindonienses.

En total, en Mondoñedo saen oito procesións cada Semana Santa. Para organizalas, como todos os anos, a Fraternidade Local da Orde Franciscana Seglar de Mondoñedo levaba moito tempo traballando para ter todo a punto; esta tarefa esixe a coordinación dunhas duascentas persoas, que, dun xeito ou doutro, interveñen directamente nas procesións.

Entre as singularidades da Semana Santa Mindoniense cabe anotar que o Venres Santo, pola noite, na procesión da Soedade, na que só participan mulleres, pódese escoitar o Plorans, composto polo Mestre Pacheco, que só se pode executar en Mondoñedo. Tamén é de resaltar que entre as tallas que participan nas procesións están a Dolorosa, do século XVIII, e os pasos da procesión do Prendemento, coa Flaxelación e o Ecce Homo, os dous do século  XVII, e o Cristo de Medinacelli, do XVIII.

0.15187382698059