Suspendida a cabalgata de Reis de Burela
TerraChaXa | AMariñaXa
O importante aumento nesta última xornada dos casos de covid-19 provocou que a Sociedade Cultural Recreativa Ledicia de Burela suspendese a tradicional cabalgata de Reis.
5 Jan 2021
O importante aumento nesta última xornada dos casos de covid-19 provocou que a Sociedade Cultural Recreativa Ledicia de Burela suspendese a tradicional cabalgata de Reis. "A situación sanitaria que vivimos non permite que se paseen por Burela nas súas carrozas pero iso non vai impedir que antes de facer o seu traballo e deixar en cada casa os agasallos correspondentes pasen polo balcón do Concello de Burela ás 19:00 horas saudar a pequenos e maiores respetando as distancias de seguridade e todas as medidas anticovid-19", explican os organizadores.