Suspenden por segundo ano consecutivo a romería de Bispo Santo
AMariñaXa
De non ser pola pandemia, celebraríase coincidindo coa conmemoración das Letras Galegas, o 17 de maio,
9 Feb 2021
A comisión organizadora da romería de Bispo Santo, en Foz, anunciou o aprazamento por segundo ano consecutivo da celebración e novamente será a covid a causante de dita decisión.
Esta romería ten lugar coincidindo coa celebración das Letras Galegas, o 17 de maio, e todos os anos congrega a centos de persoas durante varias xornadas.
Se a situación mellora, estudan a posible celebración dalgún acto no mes de maio, como unha misa, aínda que será demasiado cedo para a reunión de persoas.