Suspenden en Xove a visita dos Reis Magos pola covid

TerraChaXa | AMariñaXa
Debido ao alto número de casos de covid-19 que neste momento ten o Concello de Xove, e tendo en conta as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia neste sentido, o Concello decidiu cancelar a recepción dos Reis Magos que estaba prevista no pavillón muniicpal de Deportes o martes 5 de xaneiro.
29 Dec 2020

Debido ao alto número de casos de covid-19 que neste momento ten o Concello de Xove, e tendo en conta as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia neste sentido, o Concello decidiu cancelar a recepción dos Reis Magos que estaba prevista no pavillón muniicpal de Deportes o martes 5 de xaneiro. "Lóxicamente, con esta medida tratamos de preservar a saúde de todos, que para nós é o máis importante", explican dende o Concello. 

"A maxia do Nadal non pode desaparecer. A pesares da covid-19, os Reis Magos van estar igualmente con nós, pasando por tódalas casas dos nenos do Concello na medianoite do 5 para o 6.  Polo tando, dende o Concello animamos a todos os nenos  a que esperen con ilusión  esa noite máxica", conclúen.

0.17547798156738