Suspenden as clases no conservatorio ao detectarse cinco casos de covid

TerraChaXa | AMariñaXa
21 Xan 2021

O Concello de Viveiro tomou a decisión de suspender temporalmente as clases presenciais no conservatorio de música, unha medida de común acordo coa dirección do centro e por precaución, tras detectarse cinco casos de Covid-19.

No centro estudan alumnos e alumnas de diferentes institutos da comarca, polo que o concello considera necesario suspender de forma temporal a presencialidade, pero as clases continuarán online.

“Á vista da evolución da situación epidemiolóxica actual no Concello de Viveiro e tendo en conta que se detectaron varios casos en usuarios do Conservatorio Profesional de Música, atendendo ás características deste servizo e co fin de garantir a seguridade dos usuarios e traballadores do mesmo e en aras a velar pola seguridade e saúde pública, considérase necesaria a suspensión temporal das clases presenciais, establecendo un período inicial de suspensión ata o día 5 de febreiro incluido”, apunta a alcaldera, María Loureiro, nun decreto desta mesma tarde.

Con anterioridade ao 5 de febreiro valorarase a necesidade de prórroga desta suspensión, atendendo á evolución da situación epidemiolóxica nese momento.

0.20348691940308