Suspenden a tradicional Festa dos Pepes de Mondoñedo

AMariñaXa
A Directiva da Festa dos Pepes de Mondoñedo comunicou que debido á pandemia, non poden celebrar este ano a tradicional xuntanza.
13 Mar 2021

Dende a Directiva Organizadora da Festa dos Pepes de Mondoñedo anunciaron que por motivos da situación sanitaria actual, non poden celebrar este ano a tradicional xuntanza de confraternidade, que debería celebrarse este domingo 14 de marzo na cidade da Paula.

"A través deste comunicado queremos enviar un saúdo a todos os Pepes de Mondoñedo que ano tras ano participan neste encontro tan especial para todos. Pero tamén queremos lembrar cun recordo moi afectuoso a todos os Pepes que xa non están con nós, eles tamén forma parte da nosa historia", din.

"Para nós a Festa dos Pepes sempre será unha data de unión, de confraternidade, de compañeirismo e de amizade que lembraremos sempre. Saúde para todos, coidádevos. E que vivan os Pepes de Mondoñedo!", conclúen.

0.20499920845032