Surfistas barreirenses fan posible unha xornada de surf inclusivo na praia de Coto
As vacacións do verán tamén serven para deixar imaxes exemplares nas retinas dos mariñáns, grazas nesta ocasión, aos surfistas, que colaboraron con Auxilia delegación Lugo, na praia barreirense de Coto, para desenvolver unha xornada de surf inclusivo ou surf adaptado, como fan cada ano.
Grazas á La Academia del Surf en Barreiros, á Fundación Once, ao Concello, a Alba, Rebeca e Pedro Méndez, entre outros, a iniciativa levouse a cabo e os participantes agradeceron enormemente a oportunidade de disfrutar deste deporte amosando que as barreiras poden racharse.
Os surfistas aseguraron que os rapaces de Auxilia Lugo, principalmente Diego, Luís, Fran e Rober, que se atreveron coas ondas, lles ensinaron a vivir cun soriso permanente e que eles a cambio lles amosaron o que máis lles gusta facer, que é deslizarse polas ondas do mar.
A praia de Coto en Barreiros foi sempre exemplar en estar adaptada para as persoas con mobilidade reducida, contando con cadeiras anfibias e todo tipo de accesos acondicionados.