Subastan unha leira na parroquia de Meilán de Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
A Delegación de Economía e Facenda de Lugo vai proceder á venda dunha leira da concentración parcelaria de Meilán mediante poxa pública, segundo informou o Concello de Riotorto.
santa marta de meilan riotorto
8 Mar 2024

A Delegación de Economía e Facenda de Lugo vai proceder á venda dunha leira da concentración parcelaria de Meilán mediante poxa pública, segundo informou o Concello de Riotorto.

Trátase dunha parcela afectada pola expropiación do parque eólico que ten unha superficie de 22.000 metros cadrados e un prezo de 4.632 euros.

Aquelas persoas que desexen participar na poxa deberán presentar a súa oferta en sobre pechado con prezo á alza antes das 13.30 horas do 5 de abril. Deberán ser entregadas na Delegación de Economía e Facenda de Lugo.

0.16199493408203