SOS Sanidade Pública de Galicia convoca unha manifestación en Santiago o día 14

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Desde SOS Sanidade Pública de Galicia convocouse unha manifestación en Santiago o próximo día 14 de novembro
manifestacion plataforma sanitaria marina
29 Oct 2021

Desde SOS Sanidade Pública de Galicia, colectivo que aglutina a prácticamente todas as plataformas sanitarias do país, organizacións sindicais, políticas, sociais e profesionais convocouse unha manifestación en Santiago o próximo día 14 de novembro.

Esta convocatoria responde ao lema Salvemos a atención primaria:en defensa da sanidade pública, e partirá ás 12 horas desde a Alameda.

Esta Plataforma forma parte tamén do comité organizador da mobilización, polo que "apoiamos e adherímonos a esta convocatoria de defensa da sanidade pública, que nesta ocasión poñerá máis énfase sobre  a Atención primaria polos recortes aos que a ten sometida o goberno da Xunta desde hai 12 anos,  e acrecentado aínda máis desde a pandemia", di Montse Porteiro, voceira da Plataforma da Mariña .

"O que está a acontecer na Primaria ten como responsable ao goberno da Xunta e a Consellería de Sanidade, polas súas políticas conducentes ao desmantelamento da sanidade pública", engade Porteiro, "12 anos de xubilacións de profesionais e contratacións en precario que levan ao éxodo de profesionais cara a outros lugares onde os contratos son estábles. Mais a Consellería pecha os ollos e non toma medidas".

"Son 12 anos de recortes nos orzamentos destinados a Atención Primaria, 12 anos sen escoitar aos prefesionais  e sindicatos que denunciaban a situación e esixían condicións dignas de traballo, 12 anos negándose a incorporación de novas  categorías .profesionais para garantir unha atención sanitaria integral, 12 anos mentindo e decindo que o seu modelo sanitario era impecable, mentres facía auga por todas partes . Sólo gracias aos esforzos titánicos dxs profesionais , que responde  con responsabilidade ao maltrato das xerencias e goberno. E 12 anos desde que se tirou por terra o ambicioso Plan de Mellora de Atención Primaria polo mero feito de que non era un plan do PP e porque no seu “directorio” só está a privatización", comunicaron dende a Plataforma.

Na Mariña a situación é aínda máis grave porque a maiores eliminouse a Área Sanitaria, convertíndonos  nun distrito sanitario. Esto supuxo a perda de autonomía asistencial , con dependencia cada vez maior da macroárea da capitalaumentando case de xeito exponencial as derivacións á capital, a máis de cen quilómetros por unhas estradas similares ás de hai cincuenta anos. Moitas destas derivacións fanse aos hospitais privados, en mans de empresas amigas de Feixoo. Estes hospitais forman parte das  futuras portas xiratorias  dos que hoxe gobernan Galiza.

Por eso chaman todos os veciños da Mariña a que acudan masivamente á manifestación do domingo 14, "pois a presión social é a unica forma de facelos desistir das súas intencións".

Haberá autobuses gratuitos e para participar haberá que anotarse chamando aos teléfonos 982 140 654, 982 586 158 e 667 052 058. O último día para anotarse é o día 11 de novembro.

Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña tamen queren anunciar que diversos integrantes do colectivo desplazaranse pola comarca para realizar diversos actos de información e recollida de sinaturas, de xeito que o proximo día 4 estarán en Ribadeo, o día 9 no Hospital e o día 10 en Viveiro. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17194509506226