Sons de Celeiro actuará o sábado en Alfoz

AMariñaXa
A Área de Cultura do Concello de Alfoz ten programadas tres actuacións musicais para o mes de setembro e todas elas na casa da cultura.
sons de celeiro
15 sep 2022

As 20.30 horas no pavillón municipal de Alfoz o vindeiro sábado 19 de setembro, a veciñanza terá a oportunidade de disfrutar co grupo musical Sons de Celeiro.

Este grupo son unha vintena de voces mixtas, acompañadas de guitarra, teclados e armónica, dirixidas por Daniel Fernández alias Caxete,e Antón Docampo.

Deleitarán aos asistentes con fados, boleros, habaneras, cancións de toda a vida e outras compostas por Daniel Fernández que formarán o repertorio desta magnífica agrupación musical da Mariña.

Este concerto inclúese dentro da programación da Área de Cultura do Concello de Alfoz para o mes de setembro.

Mes da musica alfoz setembro 2022
0.11269307136536