Son Viveiro preguntou polas medidas ante a caída parcial dunha vivenda de Xunqueira

AMariñaXa
Son Viveiro-Son En Común preguntou polas medidas a tomar polo Concello ante a caída parcial dunha vivenda de Xunqueira
5 Ago 2022

Son Viveiro-Son En Común, a través da sua nova concelleira, Maria José Basanta, levou ao Pleno do pasado martes un rogo no que se plantexaba cales ían a ser as medidas a tomar polo Concello ante a caída parcial dunha vivenda de Xunqueira afectada pola riada fai tres anos.

Dito rogo que, "polo momento non foi respondido polo equipo de goberno, parece entrar na dinámica de pasividade á que xa estamos acostumados por parte das administracións locais, provinciais e mesmo autonómicas", dixo Basanta.

Se ben é certo que tanto Augas de Galicia, Deputación Provincial e o propio Concello de Viveiro asinaron un convenio de colaboración, pasados tres anos e oito meses da riada "a única actuación que lle consta a veciñanza de dito barrio produciuse a semana pasada, cando Augas de Galicia colocou un dispositivo para predicir posibles asolagamentos".

Dende o grupo municipal Son Viveiro-Son En Común "esperamos unha rápida resposta e unha pronta actuación por parte das administracións pertinentes para non ter que lamentarnos nun futuro", rematon dicindo a concelleira. 

0.18913197517395