Somos docentes, non burócratas

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
O pupitre é a sección do mestre Julio Díaz no que trata os temas de actualidade no ámbito educativo cun toque persoal
julio diaz foto colaborador lugo
7 Jun 2022

Por Julio Díaz

As administracións educativas, desde hai xa décadas, tomaron una deriva burocrática que fai que en moitas ocasións cheguemos a cuestionarnos que tipo de educación estamos a darlle ao noso alumnado si realmente os estamos a preparar para afrontar os desafíos que un mundo laboral tan competitivo e cada vez más dixitalizado  lles vai  esixir, ou simplemente somos un oficinista máis na engranaxe do noso centro educativo.

“Se non se rexistra, non ocurre”, parece que o único que importa e que se vexa reflexado nun documento. Un exceso de papeis, aplicacións, formularios, planillas, trámites, actas, documentos, comunicados, proxectos curriculares, de innovación, educativos…que como xa dixen, imos incrementando o tempo que os docentes adicamos “ós papeis” e procesos administrativos co fin de asegurar unha falsa calidade educativa que transparente, como si iso fose preciso, a labor docente en detrimento dun bo labor educativo.   

Os docentes debemos cumplimentar e desenvolver ao longo de todo un curso unha inxente cantidade de documentos administrativos que detraen o tempo da atención directa do alumnado, a preparación específica das clases e aos proxectos innovadores, sen que o docente teña constancia da súa utilidade para mellorar a calidade do proceso educativo.

Nós queremos dar clase, e atender o mellor posible os nosos alumnos/as e non pasar “media vida” xestionando e revisando documentos do que deben e debemos facer. Cantas veces se cubren só con fins estadísticos, cantas veces enchemos cuestionarios, formularios, planillas que ninguen le nin supervisa. Todo o que se fai entorno a aula debe ser controlado pero, a maior parte das veces non se leva a cabo co fin de mellorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe senón cun afán fiscalizador que nada aporta a un ensino de calidade.

A deriva burocrática na que caeu a educación convértese nun problema que ameaza ser irresoluble, que ten empeñadas ás administracións educativas en transformar os docentes en oficinistas e administrativos que xeren inxentes cantidades de datos que aproveitan para presentar estadísticas coas que poder demostrar mediante gráficos, diagramas, pictogramas,documentos, dossiers…a efectividade da súa xestión e que a nós, como docentes, nada nos aporta na nosa capacidade de transmitir coñecementos e valores que é a tarefa que a sociedade nos encomendou, facéndonos caer na impotencia e no desalento de vernos día tras día máis sobrecargados, sabendo que diso non depende o éxito ou fracaso educativo dos/as nosos/as alumnos/as.

Na escola burocrática, o procedemento é un fin en si mesmo. O bo docente xa non é o que ben sabe ou ben ensina, é o que mellor cumpre o proceso administrativo establecido.  QUE MÁGOA!!

Debemos rematar XA esta “pandemia burocrática”, analizando as razóns polas que o sistema educativo naufragou neste mar de documentos e impresos alcanzando as desproporcionadas dimensións que sepultan os docentes nun sinsentido de xestións e tramitacións que o apartan da fin educadora que a sociedade nos outorgou.

Precisamos, con urxencia un cambio radical das nosas administracións que nos garantan que a nosa función principal é a docencia, deixando as tarefas administrativas para persoal especializado nesas funcións.

É imprescindible que non vexamos cercenada a nosa insustituible labor de ensinar, co aumento imparable de tediosas tarefas administrativas que constitúen a máis prexudicial agresión que se lle pode facer ao sistema educativo.

Gustaríame rematar cuhna frase de Carlos Castillo Peraza, escritor e periodista, que dícía:

“A burocracia é a arte de convertir o fácil en difícil por medio do inútil”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18987488746643