Solicitan unha nova reunión para desbloquear o proceso de venda de Alcoa
Tras varias xornadas en compás de espera, a venda de Alcoa volve a ser actualidade.
Membros do comité de empresa da alumineira reuníronse coa empresa constatando a falta de acordo co Goberno para o desbloqueo da venda.
Así o comité solicita unha reunión urxente de todas as partes para impulsar o proceso e anuncia que a folga quedaría aparcada ata o próximo luns á espera de novidades.
Por outra banda, o secretario xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa, Raül Blanco, afirmou que o Goberno traballa para atopar unha solución para as plantas de Alu Ibérica, na Coruña, e de Alcoa, en Cervo.
Respecto a a planta de Alcoa, manifestou que espera que haxa novidades. O secretario xeral Industria sinalou que "a responsabilidade está en Alcoa e asegurou que haberá solución para as instalacións da provincia de Lugo se a multinacional estadounidense quere".
Sobre a proposta da empresa para manter as operacións da planta de Cervo e non iniciar o despedimento colectivo ata o próximo verán, insistiu en que "se está traballando e buscando un consenso entre as administracións, o comité de empresa e os sindicatos".