Socialistas da Mariña e sindicatos analizan a situación da comarca sen Altri

AMariñaXa
Os socialistas da Mariña manteñen unha xuntanza de traballo cos sindicatos para analizar a traizón de Feijóo á comarca con Altri
socialistas marina reunion maio 2022
6 Maio 2022

 Os socialistas da Mariña amósanse “indignados”, polo feito de que “en seis meses a Xunta non dispuxera dun só minuto para recibir a alcaldesas e alcaldes da comarca”.

Os socialistas da Mariña mantiveron , unha xuntanza de traballo cos sindicatos UXT, CIG e CCOO, para analizar a traizón de Feijoo e Conde á comarca da Mariña, en relación a ubicación da empresa ALTRI. Nesta reunión os socialistas explicaron a folla de ruta na que están traballando dende tódolos concellos da Comarca, co fin de demandar ao Goberno da Xunta unha solución.

Os socialistas presentaron o modelo de recollida de sinaturas que impulsarán na Mariña, e despois desta xuntanza, analizarán novas accións. Tamén avanzaron que haberá mobilizacións na Comarca. “Queremos saber cal é o plan industrial da Xunta para a Mariña, porque a promesa de Altri foi a pinga que colmou o vaso da nosa paciencia”, denuncian os socialistas.

No encontro, celebrado esta tarde na Casa do Mar de San Cibrao, participaron os Alcaldes de Foz e Presidente da Mancomunidade da Mariña, Francisco Cajoto, as alcaldesas de Viveiro e Trabada, María Loureiro e Mayra García, o voceiro socialista de Cervo, Francisco Mon e a Deputada Autonómica, Patricia Otero. En representación dos sindicatos estaban presentes pola UXT, Miguel Angel Otero; pola CIG, Xorxe Caldeiro Díaz e polo sindicato CC.OO, María José Novoa Villarejo, integrados na Plataforma polo futuro da Mariña.

Os socialistas da Mariña trasladaron aos sindicatos a súa indignación, “pola traizón que Feijoo e Francisco Conde á comarca da Mariña, unha comarca que adoece dunha grave crise industrial e que se queda sen unha aposta de futuro”. 

Cajoto remarcou que “Altri foi unha promesa do Partido Popular para a nosa comarca e ficamos unha vez máis abandoados. Agora alonxan a fábrica de fibra textil da fonte de materia prima, do eucalipto. E non cremos as escusas de mal pagadores que están replicando a bombo e platillo de que existía unha imposibilidade técnica, pola ausencia de caudal de abastecemento para a fábrica”, dixo. 

CONTUBERNIO POLÍTICO DE PRIMEIRA ORDE

E insistiu nas súas criticas ao PP “o que cremos é que existe un contubernio político de primeira orde”. E preguntou “por que non nos recibiron? por que incumpriron un mandato parlamentario?. O que queríamos unicamente era axudar a buscar a mellor ubicación na comarca da Mariña, para que resolvera calquera eiva. Que ubicacións estudaron?. Non me podo crer que en tódolos quilómetros cadrados que ten a Mariña non haxa unha ubicación posible para a fábrica. Isto ule realmente mal”, replicou o rexedor socialista.

Así as cousas, os socialistas amósanse “indignados”, polo feito de que “en seis meses a Xunta non dispuxera dun só minuto para recibir a alcaldesas e alcaldes da Mariña, “pero en cambio para anunciar propaganda política teñen tempo para reunirse con Francisco Conde, a xerente do Consorcio, o Delegado Territorial da Xunta e outros cargos”, en alusión a cando realizaron a presentación en Lugo. “Están a rirse dos representantes elixidos democraticamente, están a rirse de toda a Mariña. A onda de indignación é moi grande, enorme”, critican dende o PSdeG.

0.189208984375