Só Xove e Viveiro permanecerán en alerta en toda a provincia

AMariñaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
mapa nuevo 9 junio
9 Jun 2021

A situación da pandemia da covid-19 mellora continuamente en Galicia. De feito, o comité clínico que asesora á Xunta decidiu aliviar restricións nos concellos lugueses de Vilalba e Monforte, que pasan a estar fóra de restricións. Si manterá o estado de alerta media o Concello de Xove, ao que se suma Viveiro, que baixa da alerta alta tamén á media.

Xunto a estes concellos lugueses, en Galicia só quedan tres en alerta media tamén, Mos, Oroso e Soutomaior. Os resto dos concellos galegos sitúanse en nivel medio baixo. Non hai polo tanto, ningún concello que teña que cumprir as restricións de nivel máximo ou de nivel alto. O comité volverase reunir o vindeiro martes para analizar, de novo, a situación epidemiolóxica de cada concello.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 12 de xuño.

OS DATOS DE HOXE

O descenso de altas deixan o número de casos activos este mércores igual aos de onte, en 208 aínda que baixa o número de novos positivos e a hospitalización.

Na xornada anterior a baixada de casos foi de 16 por segundo día consecutivo, axudado polas moitas altas.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 7 casos novos (onte foron 6). As altas chegaron ás 11.552, 7 en 24 horas, cando onte foron 23.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.981 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria descende. Seguen 2 persoas ingresadas na UCI do Hula e hai 4 nas diferentes plantas (2 menos), 2 están no Hula (1 menos), 1 en Burela e 1 en Monforte (1 menos).

Os cambios de restricións por concellos quedarán dende o sábado do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Viveiro e Xove.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Continúa a mellora nas comarcas reducindo especialmente a situación nas localidades máis afectadas. Triacastela, Outeiro de Rei e Vicedo seguen con valores moi elevados.

A Mariña

  • Viveiro reduce a 27 contaxios (1 menos).
  • No Vicedo segue alta a incidencia aínda que por debaixo de dez casos.
  • Xove ten 11 positivos e tamén alta a incidencia.
  • Poucos casos tamén en Burela, Cervo e Alfoz.
  • Foz, Ribadeo e O Valadouro están sen casos na última semana.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Trabada e Lourenzá. Únese Mondoñedo.

Terra Chá

  • Vilalba reduce a 10 casos (1 menos).
  • Outeiro de Rei mantén 11 contaxios e incidencia alta.
  • Abadín reduce a incidencia e segue por debaixo de dez casos.
  • Friol volve ter casos pero con baixa incidencia.
  • As Pontes, Begonte, Cospeito e Meira non tiveron casos na última semana.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, A Pastoriza, Xermade, Pol e Guitiriz.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben 2 ata 65.
  • Palas e O Corgo volven ter casos pero con baixa incidencia.
  • Portomarín e Castroverde levan unha semana sen positivos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Monterroso e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria ten casos pero con moi baixa incidencia.
  • Triacastela continúa cunha incidencia elevada.
  • Samos, Paradela, O Páramo, Láncara e O Incio seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte, Chantada e Taboada teñen casos pero con incidencia leve.
  • Quiroga leva unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo, Sober, Pantón e A Pobra de Brollón.
0.16132497787476