Simón Rodríguez Rouco proclámase campión internacional de baristas en Foz

Foz
AMariñaXa
O burelés destacou entre sete profesionais na undécima edición do certame
SImon-Rodriguez-Iago-Rivas-Florentina-Tudorache-Campionato-Baristas-foz-2025
22 Feb 2025

O barista burelés Simón Rodríguez Rouco, que actualmente traballa no Coffee Urban Roasters de Viveiro, proclamouse este venres campión do XI Campionato Internacional de Baristas Profesionais, celebrado no IES de Foz.

No certame participaron finalmente sete baristas, tras rexistrarse dúas baixas por causas alleas á organización. O segundo posto foi para Iago Rivas Eiroá, natural de Foz, mentres que o terceiro lugar recaeu en Florentina Gabriela Tudorache, de Viveiro.

Este evento, que xa se consolidou como unha referencia no mundo do café, puxo de manifesto unha vez máis o alto nivel dos profesionais galegos nesta disciplina.

XIII Campionato Internacional de Cata de Cafés

O gran vencedor desta edición foi Hugo Díez Castro, do IES de Foz, quen logrou alzarse co primeiro posto. Como premio, poderá gozar dunha visita á factoría Crem e dunha fin de semana en Gandía. O segundo posto foi compartido por Rebeca Palacios González, da Escola de Hostalería de Gamarra en Vitoria-Gasteiz, e Tony Wang, do CIFP Cidade de León en León, ao producirse un empate técnico. O terceiro lugar recaeu en Diana Fuenmayor de Medeiros, do CIFP Burlada de Navarra.

XVII Campionato de Baristas de Escolas de Hostalaría

O XVII Campionato de Baristas de Escolas de Hostalaría destacou pola participación de moitos estudantes de todo o país. O primeiro premio foi para Izaro Garro de Gamarra (Vitoria), mentres que o segundo premio foi para Paula Álvarez do CIFP Vilamarín (Ourense) e o terceiro para Ángela Roque, do IES Sanxillao de Lugo.

0.17475318908691