Silvia Penide e Carla López poñen en valor ás grandes artistas no seu concerto no Vicedo

AMariñaXa
Este concerto funciona como unha viaxe pola música grandes artistas femininas, como son Amaral, Ses, Guadi Galego, Patti Smith
casa-da-cultura-do-vicedo
18 Ago 2024

O Vicedo continúa coa súa programación sociocultural neste mes de agosto. Ademais de apostar polo programa Mércores de Natureza con distintas rutas e dun concurso de figuras de area, os concertos tampouco van a faltar nesta semana. Dende o Concello programan a actuación As Mulleres Creadoras da man de Silvia Penide e Carla López.

Este concerto funciona como unha viaxe pola música e as letras de grandes artistas femininas, referentes para moitas e de gran traxectoria, como son Amaral, Ses, Guadi Galego, Patti Smith. Estes temas estarán postos na voz dunha das mellores cantantes galegas e dunha gran pianista. O concerto, que é de balde, terá lugar na terraza da Casa da Cultura do Vicedo, o vindeiro xoves 22 de agosto a partir das 21.00 horas.

0.19784188270569