Sierra solicita ao goberno ribadense a posta en marcha do alumeado do Camiño do Faro
A concelleira Elena Sierra, vicevoceira do Grupo Municipal Popular, sinala “o alumeado do camiño do Faro atópase apagado por completo. É algo que podemos observar todos. Sorprendentemente, o goberno do BNG, que hai anos pedía, por activa e por pasiva, que se alumease a Ponte dos Santos -mesmo o pediu conxuntamente co entón alcalde de Castropol-, agora mantén apagada a iluminación dunha das rúas de Ribadeo, que son competencia estritamente municipal”.
Sierra manifesta que “os numerosos veciños e visitantes que transitan por este paseo fano totalmente ás escuras. A iluminación, que estivo uns meses aceso, agora, de novo, está apagado”.
Para os populares está claro que "o goberno de Ribadeo, do BNG, é totalmente incoherente". A concelleira Sierra anuncia que “nós no próximo Pleno esixiremos que o goberno local faga as xestións oportunas para iluminar a zona do faro para uso e goce de veciños e visitantes, de modo que sexa un espazo seguro para pasear e para facer deporte”.
Adianta igualmente: “tamén pediremos que acondicione o paseo” e engade con ironía que “moitos concelleiros acoden alí para anunciar investimentos que, seguramente e só por causalidade, executaranse no 2023, o ano das próximas eleccións locais”.