Sierra advirte do total abandono do parque biosaudable do aparcadoiro de Ribadeo
A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, advirte de “un suma e segue neste goberno do BNG, o goberno da inoperancia". Así o manifesta ante o “total abandono do parque biosaludable que hai no aparcadoiro público municipal”, un exemplo máis da “falta de mantemento nos espazos públicos que é evidente no día a día”.
A popular subliña que “é un parque moi usado pola xente maior e, sen ir máis lonxe, a semana pasada un dos nosos veciños trasladounos as súas queixas por cortarse nun dos aparellos”. Nese sentido, considera que “é un perigo” porque “moitos aparellos están en pésimas condicións”.
A vicevoceira do Grupo Municipal Popular agarda que o goberno local dispoña de seguro en vigor ante a posibilidade de que “suceda calquer accidente que pase dunha simple cortadura”.
Sierra convida de novo ao goberno local do BNG a “actuar. Non esperen so á época electoral e, o que é máis importante para este grupo: no esperen a que ninguén se faga dano".