Serafín Zubiri actuará no San Roque de Viveiro nun concerto inclusivo
AMariñaXa
Serafín Zubiri actuará no San Roque de Viveiro nun concerto inclusivo xunto coa Banda de Música Municipal O Landro
17 Jul 2022
O Concello de Viveiro organiza o próximo 9 de agosto, dentro da programación das festas patronais, un concerto da Banda de Música Municipal O Landro con Serafín Zubiri.
O Concello continúa adiantando a programación das festas con este concerto tan especial, que servirá para rendir un tributo a Nino Bravo, con versións das súas mellores cancións.
O evento será ademais un concerto inclusivo, coa posibilidade de que as persoas xordas empreguen mochilas vibratorias para gozar da cita musical.
“Será unha cita moi especial, na que unha vez máis buscamos que a cultura tamén sexa accesible para as persoas con diversidade funcional”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.