Sendeirismo Terras de Lourenzá anunciou o calendario de rutas para este ano

AMariñaXa
A asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá anunciou o calendario de rutas para este ano 2023.
21 Xan 2023

A asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá anunciou o calendario de rutas para este ano 2023. Así, estas camiñatas do novo ano e que xa comezazron o domingo 15 de xaneiro co Camiño do Cantábrico serán mensuais e seguirá o sábado 11 polo rego dos Coruxos en Muras.

Xa o 18 de marzo a ruta será pola costa Ártabra, o domingo 23 de abril polas Lagoas de Cospeito, e a fin de semana do 12 ao 14 de maio tocará pola fraga da Vilapena en Trabada.

Durante o verán, chegará a ruta no Piornedo a fin de semana do 16 ao 18 de xuño, a ruta da fraga vella de Mondoñedo será o sábado 8 de xullo, a do río Ouro o 3 de setembro, a ruta por Aller durante o 22 ao 24 de setembro, polo río Agüera o sábado 21 de outubro, achegarase ao Bierzo do 10 ao 12 de novembro e polo Mogallón no Vicedo o 16 de decembro.

A asociación convida a todas as persoas que lles guste camiñar e rodearse de natureza a unirse á súa familia de camiñantes. E lembran que o calendario pode estar suxeito a cambios por imprevistos ou reaxustes climatolóxicos.

Ademais, de que se queren información sobre como facerse socios non dubiden en poñerse en contacto con calquer membro da directiva ou a través dunha mensaxe privada a súa páxina de facebook.

0.18448305130005