Seis voces novas serán os novos Sanluqueiros 2025

A Asociación As San Lucas presentou con orgullo ao grupo de mozos e mozas que asumirán este ano a representación simbólica da feira mindoniense, converténdose na voz e na imaxe de todas as persoas que se recoñecen como Sanluqueiras.
O elenco está formado por Mar García Caselas (12 anos), Sara Ares Otero (13), Hugo Pena López (12), Daniela Díaz Polo (13), Mara Fernández Candia (13) e Alejandro Díaz Marcos (13), todos estudantes de 2º da ESO. Xuntos encarnan, segundo a organización, “a forza, a alegría e a tradición que caracterizan a unha das citas máis emblemáticas de Galicia”.
A foto oficial mostra ao grupo montado a cabalo, cunha estampa que conecta coa esencia das San Lucas e que ten como pano de fondo os cabalos salvaxes que, fieles á tradición, descenderán durante a esperada baixada dos cabalos, un dos actos máis emotivos da feira.
Desde a asociación subliñan que este relevo xeracional garante a continuidade dun espírito que se transmite de pais a fillos e que vai máis aló da festa: “ser Sanluqueiro é unha maneira de entender a identidade, a unión e a historia compartida de todo un pobo”.