Seis locais de hostalería de San Cibrao participan no Sanci Tapeando con novas tapas cada xoves
Este vindeiro xoves 19 de outubro, volve o Sanci Tapeando á hostalería de San Cibrao, coa colaboración do Concello de Cervo. Na iniciativa gastronómica participan a cafetería Aquelarre, Cervecería Las Titas, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, A Bodega de Ana e Pizzería O Trasgo.
O evento foi presentado pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Turismo, David Rodríguez, e por unha representación dos locais que se sumaron á proposta. Deste xeito, cada semana os establecementos participantes da cita que botou a andar no ano 2018, ofrecerán unha tapa diferente e elaborada a un prezo de 2,5 euros.
Os clientes poderán participar nun sorteo de dous vales, de 200 e de 100 euros, para consumir nos locais participantes. O Concello de Cervo anima á veciñanza e visitantes a participar nesta nova edición do Sanci Tapeando, que que é unha boa mostra da calidade culinaria da hostalería do noso municipio.
Este xoves, entre as propostas están os taquiños de pito da pizzería O Trasgo, ha amburguesa de tenreira con cebola caramelizada e queixo San Simón en O Noso Lar, torrada de chacina “Faro” no Faro, torresmo de Soria con ovo e patacas fritas en Las Titas, espetada moura na cafetería Aquelarre e salpicón na Bodega de Ana.