Seis equipos participan nos play offs de hockey en liña en Ribadeo

AMariñaXa
Este sábado, 27 de abril, disputaranse en Ribadeo os play offs de hockey liña nas categorías alevín e prebenxamín.
presentacion hockey Ribadeo
25 Abr 2024

Este sábado, 27 de abril, disputaranse en Ribadeo os play offs de hockey liña nas categorías alevín e prebenxamín. As competicións, que contarán coa participación de seis equipos, desenvolveranse no pavillón de deportes ribadense desde as 10.30 horas e rematará ás 19.30 horas, coa entrega de trofeos.

“Estamos moi contentos de colaborar co Club de Hockey Isla Pancha neste evento e parécenos moi interesante que Ribadeo siga a acoller acontecementos deportivos durante as fins de semana porque reúnen a persoas de diferentes lugares, o que é moi positivo para a dinamización económica do concello”, sinalou o concelleiro e o técnico municipal de Deportes, Francisco José Silvent.

Na presentación do evento, que tivo lugar na Casa do Concello, tamén estiveron presentes o alcalde de Ribadeo, Dani Vega  e Iván López, presidente do Club de Hockey Isla Pancha, Marcos Cabanas.

0.16422891616821