Seis equipos de Galicia e Asturias participan nunha exhibición organizada polo club de karate de Ribadeo

AMariñaXa
Seis equipos de Galicia e Asturias daranse cita en Ribadeo este sábado, día 18 de maio, nunha exhibición organizada polo club de karate local.
14 Maio 2024

Seis equipos de Galicia e Asturias daranse cita en Ribadeo este sábado, día 18 de maio, nunha exhibición organizada polo club de karate local. A cita comezará ás doce de mediodía no pavillón municipal de deportes da avenida de Luarca. Na mesma participarán os clubs de karate de Tapia, Castropol, Foz, Lourenzá, Burela e Ribadeo, que reunirán a 120 deportistas.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, considera que “é interesante para Ribadeo acoller estes eventos deportivos” e anima a asistir a esta exhibición a todas as persoas afeccionadas a esta disciplina deportiva. Colaboran cos organizadores a Concellería de Deportes de Ribadeo, a Federación Galega de Karate e Karate Do Shito-Kai Asturias-Galicia.

O Club de Karate de Ribadeo ten a súa orixe no ano 1985, sendo alcalde do Concello de Ribadeo, Moncho Cociña, e levando a dirección técnica o mestre Ramón Fernández Cid, actualmente 8º Dan. A actividade iníciase con 120 rexistrados e impártese no antigo polideportivo de Ribadeo.

Ao longo de todos estes anos formáronse sobre 30 Cintos Negros, algúns deles campións galegos, tanto na modalidade de Kata como na de Kumite, destacando a Luis Quelle, Luis Román ou Leticia Pérez, entre outros excelentes karatekas.

0.19766902923584