Seguen os Seráns de lecer mindonienses
AMariñaXa
Mondoñedo comeza este xoves día 8 cos Seráns de lecer, é unha programación alternativa do verán que conta con xogos e múscia
7 Ago 2021
O Concello de Mondoñedo comeza este xoves día 8 cos Seráns de lecer. Esta é unha programación alternativa do verán mindoniense, que conta cunha xornada de xogos populares adicadaos á infancia e xuventude e música polas rúas do Concello.
Será dende as 20.00 ata as 22 horas en diferentes lugares da vila como o auditorio, a praza do Concello e da Catedral.
PROGRAMACIÓN
- Xoves día 8 ás 20.30 horas, Vacacións no mar de Ton Arenas, na praza do Concello
- Venres día 9 ás 20.00 horas, documental de Xela Arias, no Auditorio
- Xoves día 15 ás 20.00 horas, Festa da bicicleta, na praza da Catedral
- Venres día 16 ás 21.00 horas, ruada de Soutoxímaro, polas rúas do Concello
- Xoves día 22 ás 20.00 horas, xogos populares, na praza do Concello
- Venres día 23 ás 21.00 horas, ruada de Xaramolos ,polas rúas do Concello
- Xoves día 29 ás 20.30, teatro Two Pilgrims ,no Auditorio
- Venres día 30 ás 21.00 horas, ruada de Os Carricantos, polas rúas do Concello
- Xoves día 5 de agosto ás 20.30 horas, música Garufa Big Band, na praza do Concello
- Venres día 6 agosto ás 20.30 horas, Pulpiño Viascón e ás 22.30 horas Camiño estrellas mirando o ceo
- Xoves día 12 de agosto ás 20.30 horas, Cousas da casa de Ton Arenas, na praza do Concello
- Venres día 13 agosto ás 20.30 horas, espectáculo musical
- Xoves día 19 agosto ás 22.30. horas, cine mudo con música en directo, na praza do Concello
- Venres día 20 agosto ás 20.30 horas, monólogo de Touriñan, Carlos Blanco e Federico Pérez, e ás 22.30 horas, Música para mil primaveras, na praza da Catedral
- Sábado 21 de agosto, concerto de piano e orquestra Juan Rezzuto Haydn, na Catedral
- O 22 e 26 de agosto, Festival de música clásica Bal y Gay
- Do 26 ao 29 de agosto será a fin de semana da maxia