Seguen os preparativos da Festa da Troita da Pontenova

AMariñaXa
A 43ª Festa da Troita do Concello da Pontenova xa comezou cos preparativos da cita deportiva que será os días 29 e 30 de abril e 1 de maio.
troitas pontenova 1
29 Mar 2023

A 43ª Festa da Troita do Concello da Pontenova, declarada de Interese Turístico Galego e de Interese Turístico Deportivo Nacional, xa comezou cos preparativos da cita deportiva que será os días 29 e 30 de abril e 1 de maio.

Así, anunciaron que José Luis Bruna Brotons, presidente dea federación Española de pesca e casting, será o encargado de ler o pregón na XLIII edición de la festa da troita da Pontenova.

Dentro das actividades para menores e familias, o sábado 29 de abril haberá un concurso de lance de mosca e culleriña no Pozo da Ola ás 17.00 horas, despois un taller de xabón con aceite usado no local da sociedade, e máis tarde será a presentación do Estudo sobre os salmónidos do Eo, de Fernando Cobo. Xa a partira das 19.00 horas será a verbena a cargo de Arizona e DJ Pedro BRMUDZ.

Xa o domingo 30 haberá unha sesión vermú coa disco móbil Blanco y Negro e pola tarde comezará o II Campionato de billarda Festa da Troita no Pozo da Ola. Tamén haberá xogos infantís para nenos de 6 a 12 anos.

Ás 19.30 horas será a inauguración das Pedras de Honra no paseo do Pescador, ás 20.00 horas a farase unha visita ao Museo da Pesca, e ás 21.00 horas será a homenaxe a antiguos directivos do CIT no auditorio, no que se dará a Troita de Ouro á Feira do salmón de Cornellana de Asturias, “polo coidado das tradicións, pola posta en valor da pesca como dinamizador económico e pola defensa da biodiversidade dos ríos do principado”. E tamén entregarán a título póstumo a Troita de Ouro a Luis Moirón García, que tamén foi membro da directiva.

Pola noite será a apertura da caseta e a degustación de troitas amenizada polas orquestras La Oca Band e Blanco y Negro.

O luns 1 de maio pola mañá farase o concurso de Pesca de lance, salmón e mosca, así como a III Ruta de Sendeirismo. Ao remate, arredor das 13.30 horas, será a pesaxe e a clasificación, e ás 18.00 horas a entrega de premios no salón de actos da casa da cultura.

0.1854829788208