Seguen os concertos en Cervo da Caixa de Música

AMariñaXa
O Concello de Cervo segue o ciclo de concertos A Caixa de Música este domingo 15 na Praza dos Campos de San Cibrao.
13 Maio 2022

O Concello de Cervo segue o ciclo de concertos A Caixa de Música este domingo 15 na Praza dos Campos de San Cibrao. A actuación, que correrá a cargo do grupo Os Acordeonistas da Mariña e terá lugar ás 13.30 horas.

O ciclo de concertos A Caixa de Música pretende diversificar as actuacións musicais no municipio, ofrecendo un programa con estilos clásicos de bandas musicais da nosa contorna.

O programa vai dirixido a toda a familia, posto que os concertos están calendarizados en fin de semana ou festivos, á hora do mediodía, en diferentes emprazamentos da vila.

0.18269801139832