Segue en marcha a obra do paseo marítimo de Moledos, no Vicedo

AMariñaXa
O Goberno local do Vicedo adxudicou por 17.000 euros a creación dunha escaleira e outras melloras no acceso ao Fuciño do Porco
jesus Novo alcalde Vicedo 2022
7 Xan 2024

Segue en marcha e a bo ritmo o proxecto previsto máis inmediato para O Vicedo, que é o da construción do paseo marítimo de Moledos. O investimento total deste proxecto é de aproximadamente 386.000 euros.

Xa en marzo do 2022 incluíronse nos orzamentos unha partida de 34.324 euros para a expropiación de terreos para a construción do devandito paseo que vai dende o antigo varadero.

Segundo o rexedor, Jesús Novo, “no mes de decembro fixemos a cesión dos terreos a Costas e agora estamos esperando a que inicien o proxecto”.

“Este paseo que ten unha lonxitude aproximada de 370 metros vai dende o antigo varadero a Moledos e poñerase en valor a antiga fábrica de salazón de Catá”, sinala Novo, “o proxecto contempla o uso de materiais como madeira de pino, pizarra, granito, e aceiro para crear un miradoiro na zona da chimenea que é circular e de ladrillo.”

O sendeiro ademais contará con alumeado, mobiliario urbano e estará sinalizada.

concello vicedo
0.15042185783386