Seguen as protestas polo peche de Vestas

AMariñaXa
Animan a todos os veciños da comarca a apoiar a manifestación que os traballadores de Vestas levarán a cabo o sábado 2 de outubro
manifestacion vestas 8 10 2021 VIVEIRO EN IMAGENES
9 Oct 2021

Onte celebrouse outra manifestación en Viveiro como protesta ante a situación que foi anunciada pola empresa danesa e que supón o peche da fábrica ubicada en Viveiro e polo tanto o despedimento de 115 empregos.

Así, un grupo de traballadores cortaron a estrada LU-862 á altura da rotonda de Area e protagonizaron unha queima de pneumáticos para protestar contra o peche da factoría e contra a negativa da directiva a negociar.

Esta protesta súmase ás concentracións diarias que o persoal vén facendo fronte á fábrica de Chavín.

Esta situación suporía un agravamento da situación da industria e do emprego non só na Mariña, senón tamén en moitos concellos próximos da comarca de Ortegal.

Por outra banda, o traballador da empresa e ciclista Alejandro Paleo, que comezou o domingo 3 a súa ruta cara a sede central da compañía en Dinamarca, xa se atopa en Vatán, Francia.

Leva percorridos arredor de 1.300 quilómetros e esta fazaña culminará coa entrega dunha carta en man dirixida aos directivos de Vestas para que non se peche a planta situada en Viveiro como foi anunciado.

O reto pode seguirse diariamente nesta ligazón.

0.13964200019836