Seguen as actividades na casa da cultura do Vicedo

AMariñaXa
O Concello do Vicedo convoca o Concurso de Fotografía Turismo O Vicedo, a que será a sexta edición, no que haberá 600 euros en premios.
casa da cultura do vicedo
13 Out 2023

O casa da cultura do Vicedo seguen coas actividades durante o mes de outubro e novembro. Así, o sábado 14 poderase desfrutar da proxección As Bestas ás 19.30 horas. A película do director Rodrigo Sorogoyen conseguiu 17 nomeamentos na 37ª edición dos Premios Goya, e gañou en 9 categorías, incluíndo mellor filme, director, guión orixinal, actor e actor secundario.

O martes 31 ás 20.00 horas do desfile de Samaín que como manda a tradición sairá e voltará dende a casa da cultura. Haberá sorpresas terroríficas dulces durante o percorrido e os participantes deberán portar unha cabaza ou algo similar.

O sábado 11 de novembro ás 19.30 horas o Teatro do Miolo presentará a súa obra Saíndo do Cerco, unha comedia de carácter existencialista destinada principalmente a un público maior dun ámbito residencial e que ofrece unha linguaxe familiar e clara.

O 25 novembro ás 20.00 horas será a quenda de Asasinato na tenda de roupa da mans do Teatro Grupo do Hospital Lucus Augusti. Esta obra trata sobre Dona Katiusca e a súa tenda de roupa, que dirixe cunha actitude claramente tiránica. Un día calquera, a tenda énchese de clientas e todo transcorre con normalidade ata que se descobren varios cadáveres.

Así mesmo, o sábado 18 de novembro farase o Encontro interxeracional de avós e netos, un encontro, que ten lugar no pavillón polideportivo, e poderán participar aquelas persoas empadroadas no municipio que sexan xubiladas acompañadas polos seus cónxuxes, aínda que este último non estea xubilado e tamén polos netos, con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos.

0.17432999610901