Seguen as actividades ao aire libre para os nenos bureleses
As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia, acompañadas de Toñi Eijo, a concelleira de Medio Ambiente, levaron a cabo unha actividade na Praia de O Portelo titulada Coñeces o peixe escorpión?
A edil burelesa sinalou que “cos talleres de Gaia nas praias pretendemos fomentar as actividades o aire libre, que os rapaces disfruten do medio natural, o respecten e coiden. A actividade de hoxe centrouse no peixe escorpión, especie presente nos nosos areais que todos os veráns pica a usuarios das praias, sendo unha das incidencias máis comúns”.
E engadiu que “os nenos e as nenas visitaron o posto de socorrismo e coa axuda dos socorristas aprenderon as características deste peixe, as condicións que se teñen que dar para que nos pique e os remedios para aliviar a dor que provocan. Ademais fixeron un pequeno simulacro como se dunha picadura se tratase e así os rapaces viron de primeira man como se actúa ante situacións deste tipo”.