Seguen a bo ritmo as obras da futura unidade residencial de Saúde Mental A Mariña
AMariñaXa
Seguen a bo ritmo as obras da futura unidade residencial de Saúde Mental A Mariña que estará situada na praza do Souto
17 Dec 2022
O rexedor, Alfonso Villares, e varios membros do equipo de goberno, visitaron xunto ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ás instalacións da futura unidade residencial da Asociación Saúde Mental A Mariña, que estará situada na praza do Souto para a que a Xunta de Galicia vén de conceder unha axuda de 80.000 euros.
Villares quixo agradecer á Administración autonómica o seu compromiso e sensibilidade, neste caso con esta entidade con sede no noso municipio, para a que acaba de asignar a maior contía das que concede a Xunta neste ano dentro dos investimentos de mellora de centros de pacientes con doenzas de saúde mental.
Unha asociación -precisou- "que é un auténtico exemplo do traballo ben feito" e aproveitou de novo acasión para felicitar a toda a familia de A Mariña, encabezada pola súa directora, María José Novoa e polo seu presidente, Jorge Manchado, "polo extraordinario labor que desempeñan para favorecer a integración deste colectivo na contorna comunitaria, dando apoio ás familias e prestando servizos de rehabilitación psicolóxica e social, a través dunha atención integral".