Seguen á baixa os casos activos de covid na provincia e na comarca

TerraChaXa | AMariñaXa
Seguen á baixa os casos activos de covid na provincia e na comarca. A nivel provincial hai 17 casos activos menos.
tapas_meira
7 Dec 2020

Volven descender unha xornada máis os casos activos de coronavirus na provincia, 17 menos que onte e xa son 771. Este dato vén condicionado coma sempre polos 28 novos positivos (onte houbo 29) e polas 45 altas das últimas 24 horas (onte foron 70). Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.484 e 5.579 curados.

Na parte máis negativa hai que sumar un novo falecido, unha muller de 95 anos ingresada no Hula, polo que xa son 133 as persoas que perderon a vida pola covid-19 dende que comezou a pandemia en marzo.

Volve estabilizarse a hospitalización cunha persoa menos ingresada. Segue só unha persoa na UCI do Hula mentres que baixan os ingresados neste centro onde xa son 24 (2 menos). Tamén hai un máis na Mariña (3 ingresados) e seguen os mesmos 3 enfermos no de Monforte.

Por concellos, Burela baixa de novo e xa son 12 os contaxios acumulados esta quincena, un menos que onte. A mesma cantidade que baixa Foz, que está en 15. Cervo entra no grupo de concellos con menos de 10 casos.

0.15435600280762