Segue aberto o prazo de inscrición para participar no XIX Mercado de Nadal de Ribadeo
A Concellaría de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio organiza o XIX Mercado de Nadal, que terá lugar do 30 de novembro ao 8 de decembro e o prazo de inscrición para participar está aberto ata o 8 de novembro.
A edil de Comercio, Marta Saiz, manifestou que unha das citas referentes das datas de Nadal na vila é "o seu singular e tradicional Mercado de Nadal, un mercado que ten moi boa acollida polo público, sendo xa un referente na zona. E por iso é un espazo perfecto para que os profesionais da artesanía, o deseño e a gastronomía dean a coñecer o seu traballo e talento creativo e innovador”.
Nesta edición, o Mercado levarase a cabo nas inmediacións do parque San Francisco, onde se colocarán 25 casetas nas que se poderán atopar principalmente creacións de proximidade, onde se valorará especialmente a orixinalidade e a sostibilidade.