Segue aberto o prazo de inscrición no curso de socorrismo de Xove
AMariñaXa
O Concello de Xove acolle un curso de socorrismo en espazos naturais. Será do 10 de xaneiro do 2022 ao 16 de maio
4 Xan 2022
O Concello de Xove acolle un curso de socorrismo en espazos naturais con certificado de profesionalidade. Dende o ente municipal comunicaron que aínda quedan prazas libres e que o prazo de inscrición remata o día 9 pois este taller será impartido do 10 de xaneiro do 2022 ao 16 de maio en horario de luns a venres de 16.00 a 21.00 horas.
Esta destinado a persoas desempregadas e ata un 30% de persoas en activo. Para participar é necesaria a previa inscrición na oficina de emprego de Burela ou na páxina web de emprego.xunta.es.