Segue a rehabilitación da primeira planta da casa escola de Trabadela

AMariñaXa
Seguen as obras de rehabilitación da primeira planta da casa escola de Trabadela, un inmoble de titularidade municipal trabadense.
trabada obras rehabilitacion casa escola trabadela
trabada obras rehabilitacion casa escola trabadela
18 Nov 2022

Seguen as obras de rehabilitación da primeira planta da casa escola de Trabadela, un inmoble de titularidade municipal trabadense.

Así o comprobaron a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e as concelleiras Julia Barcia Fernández e Suevia Reimonde Gasalla, que se achegaron para comprobar o bo ritmo das obras.

O proxecto abarca a remodelación da primeira planta do inmoble para dotalo de mellores condicións de habitabilidade, mediante o redimensionado da zona de día composta por salón-comedor-cociña e do baño, mentres que se manteñen os tres dormitorios existentes.   

O orzamento das obras de reforma é de 40.255,95€ euros e a subvención que acadou o Concello de Trabada é de 25.937,48 euros.  

0.071660995483398