Segue a maioría absoluta en Cervo

AMariñaXa
En Cervo, os edís repartíronse da mesma maneira que nos anteriores comicios, nos que o Partido Popular gañou conseguindo 7 escanos
PP Cervo equipo traballo concello
6 Xuño 2023

En Cervo, os edís repartíronse da mesma maneira que nos anteriores comicios, nos que o Partido Popular gañou conseguindo 7 escanos.

O popular Alfonso Villares, actual alcade, volveu conseguir o bastón de mando do concello mariñao tras o apoio dos veciños por quinta vez. De feito, o popular ostenta a Alcaldía dende o ano 2007 e nesta ocasión volveu acadar o mesmo número de concelleiros, 7, e os membros da oposición, BNG e PSOE, acadaron 2 edís cada un.

Villares confía nesta lexislatura no seu actual equipo cunha única cara nova. Durante todos este anos desenvolveu políticas centradas en converter Cervo nun lugar cómodo para a veciñanza, tanto os núcleos urbanos como os do rural. Creou oportunidades de emprego e puxo en marcha o centro de emprendemento de Sargadelos. Outra das súas apostas foi o medio ambiente e as actividades relacionadas.

O candidato popular, Alfonso Villares, volve rodearse do equipo ao completo que o acompañou nos anteriores comicios do 2019, “con acreditada experiencia e capacidade de traballo” e incorpora a catro veciños con moitas ganas, ideas renovadoras e proxectos de futuro para Cervo”, perfectamente coñecedores da realidade do Concello.

O popular tamén explicou que “despois dunha boa xestión financeira ao longo destes anos, o Concello está agora libre de hipotecas e das débedas herdadas por primeira vez en 35 anos”. Polo tanto, “agora hai moitas máis posibilidades de reforzar as políticas públicas”.

O candidato do BNG, Diego Fernández Martínez, de Lieiro, dixo que “a veciñanza de Cervo decidiu darlle outros 4 anos de Goberno ao PP e nós seguiremos a traballar dende a oposición facendo política constructiva e en positivo para axudar a que Cervo sexa un concello referente”. “O BNG ten un futuro prometedor por diante e trataremos de chegar a máxima xente posible para que se unan a este proxecto novo e ilusionante”.

Pola súa banda, a socialista Luján Ramos Ben, que se presentaba por primeira vez, avanzou que “o resultado non foi todo o bo que nos houbese gustado, pero o importante é que temos ilusión e ganas de traballar por e para mellorar o noso concello. E iso é o que imos facer ó longo da próxima lexislatura, traballar para que, deste xeito, os veciños aproben a nosa xestión e nos apoien dentro de catro anos e poidamos acadar mellor resultado”.

CONCELLEIROS ELECTOS

  • Alfonso Villares Bermúdez PP
  • María Dolores García Caramés PP
  • Manuela Méndez Álvarez PP
  • Adrián Arias Díaz PP
  • Alfredo Antonio Fernández Casas PP
  • María Concepción Pilar Armada PP
  • David Rodríguez Pernas PP
  • Luján Ramos Ben PSOE
  • J. Benito Díaz Docando PSOE
  • Diego Fernández Martínez BNG
  • Zulema Murado Sánchez BNG
FOTO DIEGO FERNÁNDEZ MARTÍNEZ BNG cervo
Alfonso Villares PP Cervo 2023  9
Lujan Ramos PSOE Cervo
cervo 2023
0.1918671131134