SD Burela, CB Burela e CD Burela FS colaboran coas patronais

AMariñaXa
A primeira acción que fan xuntos é a xestión dunha das catro cantinas que se instalarán no Porto de Burela
burela
SD Burela, CB Burela e CD Burela FS colaboran compartindo cantina
28 Maio 2024

SD Burela, CB Burela e CD Burela FS colaboran compartindo cantina nas Festas de Burela. A intención das tres entidades é iniciar un camiño xuntos, para a promoción da base do deporte en Burela.

As tres entidades levan meses traballando na idea, de realizar actos e xestións deportivas en común. A primeira acción que fan xuntos é a xestión dunha das catro cantinas que se instalarán no Porto de Burela durante as Festas Patronais do pobo.

Dende os clubs queren dar as grazas á Comisión de Festas de Burela pola oportunidade e recoñecen a boa voluntariedade das outras tres cantinas, que están axudando na organización. Tamén agradecen á alcaldesa, Carmela López, e a súa corporación por apoiar a iniciativa.

0.10422205924988