Sargadelos completa a súa oferta cunha actividade do sector terapéutico e sociosanitario

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Centro de Emprendemento acondicionado no edificio das Antigas Cabalerizas de Sargadelos completa a súa oferta cunha actividade do sector terapéutico e sociosanitario, bautizado como “pasiños na lúa”, que ocupa o local número 3.
O TDM Basanta Souto recibía ao Promesas Concello de Ribadeo.
4 Xuño 2020

O Centro de Emprendemento acondicionado no edificio das Antigas Cabalerizas de Sargadelos completa a súa oferta cunha actividade do sector terapéutico e sociosanitario, bautizado como “pasiños na lúa”, que ocupa o local número 3.

O edil de Formación e Emprego, David Rodríguez, que visitou este mediodía as instalacións, explicou que “con este novo proxecto cubrimos a totalidade dos locais que acondicionamos no edificio das Antigas Cabalerizas e que puxemos a disposición das persoas emprendedoras por un aluguer simbólico, que rolda os 20 euros mensuais”.

Rodríguez coñeceu de primeira man o novo centro terapéutico rehabilitador “Pasiños na Lúa” que abriu as súas portas esta mesma semana e que dirixe a terapeuta ocupacional e veciña deste Concello, Reyes Quelle, coa colaboración doutras catro profesionais. O centro ofrece baixo cita previa adestramentos personalizados, clases de ioga, terapia ocupacional a domicilio, servizo de nutrición, acupuntura e masaxes, entre outras.

No nome do equipo de Goberno, Rodríguez desexoulle moita sorte a esta nova emprendedora e precisou que “é unha satisfacción poder ver culminar este proxecto no que tanto empeño puxemos, e que agora podemos ver que é unha realidade”. 

No Centro de Emprendemento están instalados o establecemento de fabricación e venda de táboas de surf artesanais “Serea Surfboards”, o obradoiro creativo con tenda e estudo de tatuaxes “Enigma”, o centro ecuestre “Cabaliño de Pao”, o café bar cultural “A Sacabeira”, o establecemento de alimentación ecolóxica “Marmeladas A Morena” e o centro terapéutico rehabilitador “Pasiños na Lúa”.

Rodríguez recordou que a ocupación total do Centro avala a “importante aposta que fixemos para poder poñer en marcha este proxecto concibido cun dobre obxectivo; por unha banda co fin de darlle ese impulso ao Conxunto Histórico; e por outra para ofrecerlle a estas persoas emprendedoras  unha opción para poder iniciar a súa actividade facendo fronte a un custe asumible”.

0.18824815750122