Sargadelos anuncia despedimentos e culpa á normativa de seguridade

AMariñaXa
A cerámica emblemática de Cervo afronta despedimentos e unha redución de produción mentres tenta adaptar as instalacións ás esixencias de seguridade
Sargadelos-traballadores-portas-fabrica-2025
25 Apr 2025

A situación na fábrica de Sargadelos, en Cervo, agrávase nas últimas horas. Dúas semanas despois de levantar o peche unilateral de catro días e tras tentar enviar o persoal de vacacións, o propietario da compañía, Segismundo García, notificou este venres o despedimento de varios traballadores. A decisión chega nun contexto marcado polo expediente aberto pola Inspección de Traballo, que detectou ata 36 deficiencias en materia de seguridade laboral.

Segundo fontes, as cartas de despedimento argumentan que a empresa non pode garantir a saúde dos empregados, polo que opta por suprimir postos e reducir a actividade produtiva. Cabe lembrar que dúas traballadoras desenvolveron silicose, o que impulsou a inspección a esixir medidas urxentes.

García, como administrador único, dispón agora de seis meses para corrixir as deficiencias, prazo que comezará a contar unha vez obteña os permisos pertinentes do departamento de Patrimonio da Xunta, dado que o edificio está declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

⚙ Configurar cookies
0.085421800613403