Sardiñada popular, teatro e verbenas: Xove presenta o programa das súas patronais
Presentan o programa das festas patronais de Xove 2024 na honra a San Bartolo e á Virxe do Carme que se celebrarán dende o mércores 28 de agosto ata o luns 2 de setembro. O mércores haberá, a partir das 12.00 horas, na praza anexa á biblioteca Contos de lobo da man do Teatro Ghazafelhos. O xobes tamén á mesma hora representarase De vilalegre a vilatriste de Teatro O Cubo. Xa á noite, a partir das 20.30 horas, terá lugar o pregón no salón de actos do centro cívico da man de Lolita Barro, que foi mestra na escola mixta de Veiga.
Ás 22.00 horas é a quenda do concerto musical Queiman Folki de Bruxo Queiman na praza do concello. O venres terá lugar a obra na praza anexa á biblioteca O mago Albert ten moito conto. Ademais, nesta xornada organizan unha sardiñada popular a partir das 20.00 horas animada pola charanga NBA. Pola noite amenizarán a festa Solara e América.
O sábado haberá pasacalles coa Banda Naval de Viveiro e os cabezudos da A.C. Saíñas. Tamén haberá misa e sesión vermú coa orquestra Pontevedra. Ás 20.00 horas no pavillón municipal de deportes actuará Saiñas co grupo Os Trazantes de Tenorio. Pola noite, programan fogos de artificio e verbena con Pontevedra e Charleston e a disco móbil Conxuro.
O 1 de setembro tamén haberá psacalles coa Banda CCTT Nuestra Señora de la Misericordia, misa cantada polo grupo da Orquestra Clásica de Xove e da EM de Música de Xove e procesión coa Banda CCTT Nuestra Señora de la Misericordia. A sesión vermú estará amenizada por Trébol, que tamén estará acompañada de Los Satélites á noite. O luns 2 será o Día da Infancia e haberá inchables na praza do concello dende as 17.00 horas.
Na presentación das festas estiveron os membros da comisión organizadora (Asociación de Festexos Montevelle): Benigno Canoura, José Carlos Cociña, José Luis Pico, Dalmacio Riveira e Borja Basanta xunto co alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e as concelleiras Dolores Meitín, Cristina Iglesias, Cecilia Duarte e Tamara Soto.