Sarabela Teatro estará no Pastor Díaz de Viveiro coa obra A lingua das bolboretas

AMariñaXa
A lingua das bolboretas está a cargo de SarabelaTeatro e poderase desfrutar del o sábado 1 de decembro no teatro Pastor Díaz de Viveiro.
a lingua das bolboretas
8 Dec 2021

A obra A lingua das bolboretas está a cargo de Sarabela Teatro e poderase desfrutar del o sábado 11 de decembro no teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20.30 horas.

Para asistir haberña que reservar chamando ao teléfono 982 560 162 ou no email rbg.cultura@viveiro.es.

A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, Pardal; vaise descubrindo a historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

O proceso de aprendizaxe que emprende o rapaz da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento) é testemuña tamén da traxedia que supón vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil. Volver a Rivas é, para Sarabela, voltar a un dos seus autores “fetiche”. É, dalgún xeito, voltar a casa.

0.14888000488281